nwcshg

Xunta de Galicia

Os alumnos de Diploma Superior de Xestión Hoteleira podrán facer o Top-Up da Universidade de Brighton

O CSHG chegou a un acordo coa organización británica para que poidan acceder a un Bachelor Europeo

Santiago, 11 de outubro. Co obxectivo de promover unha internacionalización e unha formación máis integrada no Marco Europeo de Educación Superior, o Centro Superior de Hostalería de Galicia (CSHG) asinou un acordo coa Universidade de Brighton para facilitar aos seus alumnos o acceso a un Bachelor Europeo. 

Os alumnos que finalizasen o Diploma Superior de Xestión Hostaleira poden conseguir esta titulación a través dun Top-Up, unha formación académica de só un semestre de duración.

  • Que é un Top-Up? É o terceiro e último curso da titulación do Bachelor (BA). A súa superación permite a obtención do BA (Hons) degree. 
  • Que é un BA (Hons)? É o equivalente europeo ao grao oficial español e que ten validez en toda a Unión Europea. Un alumno que consiga esta titulación, seralle recoñecido no mercado laboral tanto dentro como fóra de España.
  • Que pode achegar ao alumno que fixo Diploma Superior de Xestión Hostaleira? Facendo o Top-Up, o alumno do CSHG que finalizase estes estudos, poderá conseguir un BA en Hospitality Management. Homologando esta titulación en España, terá un título oficial que lle permitirá presentarse ás oposicións do grupo A e B, así como a másteres oficiais que o requiran. Ademais, ofrece un enfoque académico internacional na prestixiosa Universidade de Brighton (Reino Unido), que lle abre outras opcións de acceso ao mercado laboral.
  • Requisitos de acceso. Estar en posesión do título de Diploma Superior en Xestión Hostaleira da USC antes do período de matriculación. Ademais, o alumno deberá acreditar un nivel IELTS de Inglés de 6 puntos no escrito e 5,5 puntos no resto de probas, ou equivalente.
  • Canto dura? O alumno terá que facer 60 créditos nun semestre que vai desde xaneiro a xullo.  
  • Canto costa? O curso son 9.250 GBP (libras esterlinas). 
  • Onde se celebra? Na School of Sports and Service Management (SaSM), situado no campus de Eastbourne da Universidade de Brighton na costa sur do Reino Unido. 
  • Cal é o plan de estudos? As materias son as seguintes: Contemporary Issues in International Hospitality (obrigatoria), Business Strategy (obrigatoria), Dissertation (obrigatoria), Change Management (obrigatoria) e dúas materias optativas. 
  • Poden acceder os antigos alumnos? Os antigos alumnos de Gran Diploma en Dirección e Xestión en Empresas Hostaleiras poden acceder se obteñen o Diploma Superior en Xestión Hostaleira, que conseguirán cursando unicamente o Traballo Fin de Titulación (TFT). Unha vez superada esta materia, poderán matricularse. 
Vostede está aquí: Inicio CSHG Novas Os alumnos de Diploma Superior de Xestión Hoteleira podrán facer o Top-Up da Universidade de Brighton