nwcshg

Xunta de Galicia

Os novos alumnos de Cociña do CSHG aprenden cos mellores cociñeiros nas I Xornadas Profesionais Artesanía no Prato

Supervisados polos profesores, estarán hoxe axudando a Jorge Gago, Álvaro Fuentes e Diego López Moli a dar diferentes servizos no Espazo Cociña a partir das 13h30

Santiago, 2 de outubro. Os novos alumnos de Diploma en Gastronomía do Centro Superior de Hostelería de Galicia só levan tres semanas de curso, pero intensas. Son máis de 100 horas de formación na cociña pasando polas partidas de elaboración fría, cociña restaurante carta, cociña restaurante buffet, repostería e cuarto frío. Parte da súa formación e ver e compartir con profesionais xa consagrados unha xornada de traballo. É o que fixeron en Artesanía no Prato. Estuvieron os días 1 e 2 de outubro nas I Xornadas Profesionais de Artesanía no Prato organizadas pola Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño que se celebrou na Cidade da Cultura de Galicia. 

Os alumnos estiveron axudando aos diferentes cociñeiros que participaron no programa Artesanía na lata. Jorge Gago, Álvaro Fuentes e Diego López Moli fixeron elaboracións con conservas certificadas de PescadeRias no Espazo Cociña de 13h30 a 16h00. Axudáronnlles os alumnos do CSHG e os profesores Ángel Vázquez e Carlos García. Con todos eles tamén estivo a directora Marta Fernández Vázquez. 

Os visitantes tamén visitaron espazos temáticos de gastronomía adicados a diferentes produtos galegos como o pan, viño, queixo, xamón, café ou doces. Artesanía no Prato pretende ser unha referencia para a promoción e comercialización do produto artesán galego. Alí estiveron 32 profesionais amosando os seus productos. E moitos colaboradores, como cociñeiros galegos consagrados, produtores ou o Centro Superior de Hostelería de Galicia (CSHG).

Vostede está aquí: Inicio CSHG Novas Os novos alumnos de Cociña do CSHG aprenden cos mellores cociñeiros nas I Xornadas Profesionais Artesanía no Prato