nwcshg

Xunta de Galicia

320 alumnos do CSHG fan prácticas dun ano a tres meses de directivos e cociñeiros en 17 países de Europa, Asia e América

 

Ibiza

Ocupan postos en hoteis e restaurantes de prestixio, moitos deles propiedade de cadeas hoteleiras internacionais como Marriott, Meliá, NH, Accor ou Palladium

Santiago, 6 de xullo. A maioría dos alumnos teñen entre 18 e 24 anos e estarán lonxe da casa por un mínimo de tres meses ata setembro. Os que están xa no último ano de carreira en dirección hoteleira amplían ese período a seis meses ou un ano como adxuntos a dirección de hotel ou de departamentos hoteleiros como Alimentos e Bebidas, Aloxamento, Marketing e Promoción, Revenue Management…. É unha aprendizaxe máis que fan todos os anos grazas ao plan de estudos do Centro Superior de Hostelería de Galicia (CSHG), que obriga a facer prácticas cada ano da titulación porque é unha materia máis.

Este ano, os alumnos e alumnas estarán en Asia (Indonesia, Vietnam), América (Panamá, Arxentina, EEUU, México e República Dominicana) e Europa (España, Portugal, Francia, Reino Unido, Italia, Alemania, Holanda, Bélxica, Hungría, Noruega e Chequia). Para os alumnos de 1º é unha primeira experiencia emocionante porque, no caso de moitos deles, será a súa primeira experiencia laboral e lonxe da casa.

Todos eles desenvolven o aprendido no Centro, unha formación eminentemente práctica que lles permite afrontar este reto con grandes posibilidades de éxito. Aínda que son prácticas, saben facer as cousas que se lles encomendan porque aprendérono a facer no CSHG nas aulas prácticas dos restaurantes carta e buffet e cafetería, así como nas aulas de aloxamento, recepción e lavandería industrial. E saben ser directivos porque resolven casos prácticas de xestión que previamente aprenderon a facer nas materias de Administración de Empresas.

Nos mellores hoteis e restaurantes

Os alumnos atópanse en hoteis independentes e de cadeas hoteleiras con máis prestixio a nivel internacional. Ademáis de estar en restaurantes de hoteis, tamén fan prácticas en establecementos particulares, 13 deles con estrela Michelín.

Los alumnos se encuentran en hoteles independientes y hoteles de las cadenas hoteleras con más prestigio a nivel internacional. Además de estar en restaurantes de hoteles, también hacen prácticas en establecimientos particulares, 13 de ellos con estrella estrella Michelín.

Cadeas hoteleiras: MarriottMeliáNHBarcelóMandarínAccorPalladiumIberostarParadoresARWDerbyCadena Santos, Fuerte, Mandarín, Eurostars, Ritz-Carlton, Ilunion, Sercotel, Catalonia, H10, Tryp, Vincci, Oca, Hesperia, AC by Marriott, Martin´s, Sofitel, Best Western y Grupo Martinón.

Restaurantes: Azurmendi (3 *), Moments (2 *), Cenador de Amós (2 *), DStage (2 *), Casa Marcial (2 *), Monastrell (1 *), Angle (1 *), Restaurante Zuberoa (1 *), Restaurante Jardín (1 *), Restaurante Kokotxa (1 *), Árbore da Veira (1 *), Casa Marcelo (1 *), Retiro da Costiña (1 *), Restaurante Mina (1*), Bellavista Jardín del Norte, Restaurante Beat, El Faro de Cádiz, Dos Pebrots, Grupo Sémola, Ibérica Food, Restaurante Cook Book, Restaurante Asador O Pazo, Montesqueiro, Restaurante Arume, Restaurante Andreu Genestra e Kontrast.

Vostede está aquí: Inicio CSHG Novas 320 alumnos do CSHG fan prácticas dun ano a tres meses de directivos e cociñeiros en 17 países de Europa, Asia e América