nwcshg

Xunta de Galicia

Os novos alumnos do CSHG poden solicitar 23 bolsas de estudo ata o 4 de agosto

Arts6

O Diario Oficial de Galicia (DOG número 125 do luns, 3 de xullo) publica a convocatoria pola que se reparten 20 axudas para Xestión Hoteleira e tres para Gastronomía. 

 

Luns, 3 de xullo. A resolución pola que se establecen as bases reguladoras (anexo 1) para a concesión das bolsas para o curso 2017/18 xa están dispoñibles no seguinte link. Os interesados poden descargar un pdf con toda a información relativa a como xestionar e cubrir o formulario de solicitude, que se atopa dispoñible como anexos II, III e IV. 

A concesión das bolsas coñeceranse entre setembro e outubro. Se un alumno é beneficiario,terá unha axuda que oscila entre o 50 e o 80% do prezo da matrícula  durante todos os anos da titulación. Os requisitos para renovar son que aprobe todo e os ingresos non sobrepasen o límite de ingresos establecido, no caso de bolsas ordinarias, e que aprobe todo cunha media un 20% máis elevada que a media da clase, no caso de bolsas de excelencia. 

De modo máis amplo, o solicitante atopárase coa seguinte información na resolución da Xunta de Galicia: 

Artigo 2. Clases e cuantías das bolsas. 

Artigo 3. Os que poden solciitar. 

Artigo 4 e 5. Requisitos xerais e específicos. 

Artigo 6. Onde presentar as solicitudes. 

Artigo 7. Prazo de presentación.

Artigo 8. Documentación a presentar.

Artigos 9 e 10. Como se puntúan as solicitudes.

Artigos 11 en diante. Outras disposiciións como compatibilidade con outras axudas, instrución, comisión avaliadora, resolución e notificación, aceptación e renuncia, duración das bolsas e renovación ou recursos e a súa xestión.

Para calquera aclaración, os interesados poden contactar co departamento de Marketing do CSHG no teléfono 981 54 25 19 (preguntar por Antonio ou Óscar) ou enviar un correo electrónico á dirección Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. .

 

Vostede está aquí: Inicio CSHG Novas Os novos alumnos do CSHG poden solicitar 23 bolsas de estudo ata o 4 de agosto