nwcshg

Xunta de Galicia

34 neons de Ourense visitaron o CSHG para xogar a cociñar receitas saudades

angelvazquez

Foron premiados no concurso “Por unha xuventude saudable” da Consellería de Sanidade no que foron 2.700 nenos de 32 centros de educación primaria da provincia

Santiago, 19 de xuño. O profesor de pastelería Aitor Maiora do Centro Superior de Hostelería de Galicia (CSHG) fixo unha degustación de chocolates a nenos de 6 e 12 anos dos colexios de Sarreaus, San Amaro, O Irixo e Ourense aprendan a cociñar elaboracións doces sabrosas e saudables. Mentes Ángel Vázquez, docente de Servizos no restaurante á carta, ensinoulles a disfrutar da froita e a pelalas como un profesional. É o premio que recibiron os 34 cativos que participaron no concurso Por unha xuventude saudable que organizou a Consellería de Sanidade na provincia, e no que participaron 2.700 nenos de 32 colexios.

A visita terá lugar o próximo venres, 16 de xuño. Os cativos virán acompañados de 10 profesores e, antes de entrar en faena, disfrutarán dun pequeno almorzó. Despois empezará a actividade na aula de Repostería. Alí, o profesor Maiora sorprenderaos cunhas receitas sinxelas, nutritivas e saudables.

Con esta iniciativa, o profesor Maiora aprenderá aos cativos a cociñar e, ao mesmo tempo, achegará a información necesaria para o coñecemento dos nutrintes que deben incluir na súa dieta diaria. O responsable de pastelería tamén concienciará na importancia de levar hábitos de vida saudables, especialmente no referente á alimentación, e na busca de axuda para xerar costumes e actitudes saúdables que contribúan ao seu crecemento. Precisamente, estos son os obxectivos que se marcou Sanidade cando puxo en marcha esta iniciativa.

1 3Actividades nas escolas

O programa “Por unha xuventude saudable” permitiu aos centros participantes desenvolver unha avaliación enerxética dos seus menús escolares coa axuda da delegación territorial de Sanidade en Ourense. Segundo os estándares da Consellería, un menú saudable debe incluir un mínimo de froita fresca, verdura, legumes e peixe cada semana, así como un mínimo de pratos precociñados semanais.

E por outro lado, animou aos alumnos de primaria a diseñar e elaborar unha receita saúdable de acordó cos coñecementos que adquiriron despois de participar en tres talleres diferentes, segundo a súa idade.

Premios

Ao final, presentáronse 26 elaboracións, das que catros resultaron gañadoras.

- 1º premio: salmón con papillote con patacas e corazóns de leituga primaveral do CEIP Eologio Gómez Franqueira de San Amaro.
- Accésit:
o Aguacates recheos de atún, bocados de pavo e mazán e sorbete de sandía, do CEIP Virxe Pena da Sela do Irixo
o Xeados saudables do CEIP Sarreaus
o Flor de primavera do CEIP Mariñamansa de Ourense.

Aposta do CSHG pola Gastronomía Saudable

Esta é unha actividade máis na que o CSHG aborda a gastronomía saudable. Xa o fixera no II Gastroforum CSHG celebrado o 22 e 23 de maio. Neste evento, o doutor Aniceto Charro falou do compromiso social da restauración galega por unha dieta atlántica saudable, mentres que o cociñeiro Alberto Prelcic do restaurante Silabario cunha estrela Michelín, ensinaba ao auditorio como elaborar un menú seguindo as recomendacións desta dieta.

O CSHG é un centro de prestixio que forma a directivos hoteleiros e a cociñeiros cunha ampla formación en xestión. A gastronomía saudable é unha das temáticas que se lles ensina aos alumnos, sobre todo aos de cociña. Na actualidade, máis de 2.500 profesionais formados no Centro traballan en todo o mundo e, moitos deles, desenvolven o seu traballo baixo parámetros de calidade, entre eles, o dunha alimentación sana para os seus clientes.

Vostede está aquí: Inicio CSHG Novas 34 neons de Ourense visitaron o CSHG para xogar a cociñar receitas saudades