nwcshg

Xunta de Galicia

O CSHG acolleu a Gira Hotelaria sobre distribución hoteleira

5

"A paridade, a debate" é o tema deste cuarto foro que congregou a un bo número de profesionais hostaleiros de Galicia

Santiago, 1 de xullo. O Centro Superior de Hostalería de Galicia (CSHG) acolleu onte o Foro 4 de distribución hostaleira organizado por Paraty Tech no marco da Gira Hoteleria que se desenvolve en toda España. O acto, cun claro contido divulgativo, estaba dirixida a hostaleiros e contou entre os participantes con Legal Travel, Oca Hotels, Hotels Dot e CN Travel.

A intermediación segue sendo un dos temas máis controvertidos entre os establecementos, onde, en moitas ocasións, faise complicado ver á distribución como unha aliada e non como un competidor máis.1 1

E a Xira Hoteleria tentou clarificar esta situación e achegar solucións tanxibles no debate celebrado no Centro. O encontró foi moderado por Andrés Neto, director do Departamento de Revenue Management do CSHG. Estas foron as achegas dos diferentes participantes segundo recolle Paraty Tech no seu blog na entrada O SI QUERO á paridade:

- David Madrigal, director de operacións en Paraty Tech, apuntaba cara á paridade como un reto totalmente asumible por parte do hoteleiro, tendo en conta que, neste momento, a tecnoloxía xoga ao seu favor, e existen ferramentas no mercado de sinxelo manexo que poden contribuír á consecución dos obxectivos.

- Luís Borrajo, coordinador do departamento de produto en CN Travel, destacou a importancia de ofrecer produtos segmentados adecuados ás diferentes necesidades do mercado, mantendo unha equidade nos prezos e chegando a un acordo tácito onde as marxes sexan adecuadas para todos os participantes, hoteis e intermediarios.
Así mesmo, Borrajo expuxo a necesidade de reflexionar sobre o custo que supón para un hotel independente situarse fronte ao custo que supón ceder unha comisión a un intermediario por ofrecer o seu produto.  Neste sentido, afirmou que o traballo do intermediario hai que valoralo, xa que nos dá presenza e permítenos chegar a un grupo de clientes que ao mellor doutra maneira non se chegaría.

- Ramón Braña, director xeral en Oca Hotels, incidiu na importancia de controlar en todo momento o produto, destacando o papel da intermediación como medio para chega a un maior número de clientes pero esixindo o cumprimento total dos contratos. Nesta liña Braña quixo deixar claro que aínda que as disparidades sempre existiron o que non se pode permitir é que estas se escapen do control do hostaleiro.

4- Esther Montalvá, socia directora en Legal Travel diferenciou entre a percepción negativa que a disparidade pode ter sobre o turista acerca do produto, aínda que quixo deixar claro que nun momento determinado a disparidade pode converterse nun elemento que incremente a competitividade a nivel empresarial.

- Sonia Molina, directora de revenue en HotelsDot, destacou en primeira instancia a necesidade de tratar ao cliente como a un rei unha vez que chega á páxina web do negocio, xa que en moitas ocasións, os clientes o que valoran é o labor de asesoramento da OTA o que ten como resultado unha mellor valoración da experiencia de compra.

Unha das cuestións que ocupou gran parte do debate foi as conexións bilaterais entre as axencias de viaxes B2B, onde tanto Madrigal como Molina coincidiron en que volver intermediar pode provocar unha perda do control da distribución e por tanto do produto. Entre outras razóns, “porque non sempre me interesa estar como hostaleiro en todas as canles e moito menos que se sitúe o meu produto con prezos netos e non con PVP”.

Outro aspecto destacado foi o relativo ao uso da marca do hotel por parte dos intermediarios no posicionamento, estando todos os presentes de acordo na importancia do rexistro de marca.

Vostede está aquí: Inicio CSHG Novas O CSHG acolleu a Gira Hotelaria sobre distribución hoteleira