nwcshg

Xunta de Galicia

O CSHG organiza a segunda edición do Gastroforum o 22 e 23 de maio, centrado na sustentabilidade, solidariedade e a saúde

1 2

Aberto o prazo para participar en varios talleres e relatorios en www.cshg.es.

 

Santiago, 10 de maio. O sector galego da restauración ten unha nova cita no Centro Superior de Hostelería de Galicia os días 22 e 23 de maio. O II Gastroforum acolle talleres e debates sobre gastronomía vista desde a perspectiva da sustentabilidade, solidariedade e a saúde. Se queres participar, pincha aquí.

As persoas que queiran participar, poden inscribirse en www.cshg.es ata o 19 de maio. Ao igual que na primeira edición, as actividades desenvolveranse na aula de cociña demostración e no pavillón polideportivo do CSHG. A inauguración será o luns, día 22 ás 11h30. A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e a directora do CSHG, Marta Fernández, serán as responsables de abrir o evento.

O programa de actividades é o seguinte:

Lunes, 22
Bloque 1: Iniciativas de sustentabilidade na restauración
10h00 Ponencia 1. A restauración sustentable: moda ou necesidade. Fala Isabel Coderch, consultora.
10h15. Ponencia 2.Restaurantes e restauradores pola conservación do mar. Falan Miram Montero e Antonio García, de Lonxanet.
11h30. Acto de inauguración.
11h45. Taller de cociña. Reivindicando o peixe de descarte e o seu uso na cociña.

Bloque 2: Gastronomía integradora
12h30. Mesa redonda: Por unha gastronomía integradora. Participan Luis Veira, chef do restaurante Árbore da Veira; Manuel de Lario, de COGAMI (Confederación Galega de Persoas con Discapacidade)…
14h00 Taller de cociña: A texturización en centros residenciais. María Pilar Morales e Yolanda Álvarez Andrade de Servizos Hoteleiros Geriatros Sarquavitae.

Martes, 23
Bloque 3: Residuo 0. O desperdicio alimentario e o seu impacto
10h00. Ponencia 3. O desperdicio alimentario e o seu impacto. Ana Mendoza Martínez del Ministerio de Agricultura y Pesca, Alimentación y Medio Ambiente
10h30. Taller de cociña. Como minimizar os desperdicios na cociña.

Bloque 4: Dieta Atlántica
11h45. Ponencia 5: Que é a dieta atlántica?
12h15. Taller de cociña: Menú saúdable na dieta atlántica.

Bloque 5: Unha gastronomía universal
13h00. Ponencia 6. Alérxenos e intolerancias alimentarias. Rosaura Leis, Coordinadora da Unidade de Nutrición Pediátrica do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS).
13h30. Taller de Cociña. Menú adaptado ás necesidades do cliente

Vostede está aquí: Inicio CSHG Novas O CSHG organiza a segunda edición do Gastroforum o 22 e 23 de maio, centrado na sustentabilidade, solidariedade e a saúde