nwcshg

Xunta de Galicia

O Centro Británico asesorará e certificará aos alumnos en inglés tras un acorde para convertir ao CSHG en centro oficial de Cambridge English en Galicia

Cambridge

Os alumnos accederán a una oferta formativa para traballar as competencias lingüísticas e acabar o recoñecemento máximo neste idioma, fundamental para o desenvolvemento no sector hoteleiro
 
Santiago de Compostela, 25 de abril. O Centro Superior de Hostelería de Galicia (CSHG) vén de converterse en nova sede para a realización dos exames de Cambridge English Language Assessment en Santiago de Compostela, en virtude do convenio asinado entre Turismo de Galicia, Cambridge English Language Assessmet e o Centro Británico.

Trátase dun convenio co que Turismo de Galicia e o Centro Superior de Hostelería de Galicia (CSHG) dan un paso máis na súa internacionalización e na súa aposta polos idiomas. E, ademais, é unha nova mostra dos esforzos de Turismo de Galicia por traballar nunha formación de calidade como piar fundamental no desenvolvemento do sector.

O acordo foi asinado por Nava Castro, directora de Turismo de Galicia; Santiago Romero, Regional Commercial Head de Cambridge English Language Assessment, e Robert Paul Musker, director de operacións do Centro Británico. É o primeiro destas características asinado en España cun centro de hostelería.

O documento establece a cesión das instalacións do Centro Superior de Hostelería de Galicia, situadas en A Barcia, en Santiago, para a celebración dos exames en convocatorias abertas ao público e detalla a proposta formativa que o Centro Británico ofrece aos alumnos do Centro Superior de Hostelería de Galicia.

Así mesmo, Turismo de Galicia recoñece no acordo que as certificacións de Cambridge son válidas en todas as circunstancias nas que haxa un requirimento interno para certificar o nivel de inglés en base ao Marco Común Europeo de Referencia das Linguas.

Ademais, os alumnos do CSHG beneficiaranse dunha importante oferta formativa. O Centro Británico, como centro de ensinanza de idiomas e centro preparador dos exames de Cambrigfe English, reflicte no convenio a súa acción formativa, centrada en traballar as competencias lingüísticas avaliadas nos exames First, Advanced, BEC Vantage e BEC Higher. Para iso, ofrecerá aos estudantes do CSHG técnicas para superar o exame, prácticas de exames escritos, simulacros de exames orais e escritos, feedbacks personalizados e seminarios informativos.

Vostede está aquí: Inicio CSHG Novas O Centro Británico asesorará e certificará aos alumnos en inglés tras un acorde para convertir ao CSHG en centro oficial de Cambridge English en Galicia