nwcshg

Xunta de Galicia

Amigos da Cociña Galega visita o CSHG para coñecer o seu plan de estudos e intercambiar impresións con profesores e alumnos

AMICOGAL

A asociación, formada por restaurantes galegos de toda España, é pioneira na promoción de Galicia como destino gastronómico

Santiago, 4 de abril. A Asociación Amigos da Cociña Galega (AMICOGAL), presidida por José González Solla, fundador de Casa Solla, realizou onte unha visita ao Centro Superior de Hostelería de Galicia. Uns 60 membros da entidade coñeceron as instalacións e o plan de estudos do Centro e, ao finalizar, disfrutaron dunha comida no restaurante buffet da escola.

Os restauradores galegos intercambiaron impresións e ideas cos alumnos e profesores do CSHG e, unha vez rematada a comida, seguiron facendo varias visitas de interese gastronómico por Muros e Carnota. .

A asociación naceu en 1982 para impular a cociña galega como recurso turístico de Galicia e, desde un primeiro momento, aglutinou a restaurantes de cociña galega tanto dentro como fóra da comunidade autónoma. Foron pioneiros da promoción do patrimonio gastronómico de Galicia mediante recetarios conxuntos e participando en xornadas e feiras e fixeron seu o slogan “A cociña e a adega, mellor galegas”.

Vostede está aquí: Inicio CSHG Novas Amigos da Cociña Galega visita o CSHG para coñecer o seu plan de estudos e intercambiar impresións con profesores e alumnos