nwcshg

Xunta de Galicia

Ternera Gallega premia ao CSHG na conmemoración do seu XX aniversario


A Denominación recoñeceu a colaboración e o apoio de personalidades e entidades da Administración e do sector agroalimentario, coa entrega de insignias e placas honoríficas.

 

No marco da celebración do seu vinte aniversario, a Indicación Xeográfica Protexida Ternera Gallega reuniu, no Hostal dos Reis Católicos, a máis de 250 asistentes vinculados co sector agroalimentario galego e estatal para conmemorar as dúas décadas de traxectoria da Denominación. O acto, presidido polo xefe do Executivo galego, Alberto Núñez Feijóo, contou ademais coa presenza do alcalde de Santiago de Compostela, Xosé Antonio Sánchez Bugallo, do conselleiro do Medio Rural, Samuel Juárez Casado, entre outras destacadas personalidades do mundo político, universitario e empresarial.

Así mesmo, tivo lugar a entrega das Distincións de Ternera Gallega nos ámbitos da Administración pública, do sector agrogandeiro, da Universidade, dos medios de comunicación, da restauración e das asociacións de consumidores, que contribuíron co seu apoio, colaboración e compromiso á consolidación e proxección  social de Ternera Gallega.

Entre as entidades ás que lles foron outorgadas placas, asumimos con gusto e de bo grao o galardón.

Vostede está aquí: Inicio CSHG Novas Ternera Gallega premia ao CSHG na conmemoración do seu XX aniversario