nwcshg

Xunta de Galicia

Normas e Regulamentos

O CSHG para o seu funcionamento académico e de conduta entre os seus alumnos/ as ultiliza 3 regulamentos de obrigado cumprimento e ten activado nas súas instalacións un protocolo de actuación polo COVID:

Regulamento Interno

O presente Regulamento establece as normas básicas que rexerán o desenvolvemento das actividades do Centro Superior de Hostalería de Galicia ( CSHG) co obxecto de garantir o seu correcto funcionamento.O alumnado do CSHG está obrigado a coñecer e respectar as normas deste Regulamento Interno. Pódese ver na seguinte ligazón.

Regulamento de Stages

O Stage ou Practicum en Empresas constitúe unha parte integrante do proceso formativo do Centro Superior de Hostalería de Galicia ( CSHG), supervisada polo mesmo, na que os alumnos/ as entran en contacto coa realidade do sector hostaleiro.Pódese ver na seguinte ligazón.

Regulamento da residencia de estudantes

O presente Regulamento de Residencia será de aplicación a todos/ as os/ as alumnos/ as que estean en réxime de internado. Tamén lles serán aplicables as disposicións e normas xerais de disciplina académica previstas no Regulamento Interno. Ambos son de obrigado cumprimento por parte dos/ as residentes. Pódese ver na seguinte ligazón.

Protocolo COVID

Descárgao aquí

Sistema de Garantía Interna de Calidade

O SGIC marco da USC está deseñado seguindo o modelo das axencias de calidade nacional e autonómica, ANECA e ACSUG, e está articulado en diferentes criterios e directrices englobados en eixos, que se corresponden cos programas elaborados polas axencias para estes efectos, denominados AUDIT e FIDES.

A USC aprobou o primeiro SGIC marco en decembro de 2009, e a Comisión de Calidade e Planificación delegada do Consello de Goberno, na sesión que celebrou o 31 de maio de 2013, aprobou unha primeira revisión, na que se recolleu unha simplificación e revisión global do sistema. Na actualidade, o documento marco do SGIC da USC corresponde á súa 3ª edición, de data 22 de febreiro de 2018

Os documentos que configuran o SGIC marco revisado da USC son: o Manual extenso, o Manual simplificado e o Manual de procedementos.

O noso centro atópase en proceso de elaboración de todos estes manuais, dentro do marco de actuación na tramitación da proposta do Grao en Xestión de Empresas Hostaleiras (Dual).

Documentación do Sistema

· Manual do SGIC de la USC. Documento marzo (3ª edición- febreiro 2018)
· Manual de Procesos Institucionalis da USC (xaneiro 2020)
· Manual dol SGC de la USC (outubro 2019)
·
 Manual do procesos de centro da USC
· Normativa relacionada cos procesos do SGIC· Normativa relacionada con los procesos del SGIC

Órganos do SGIC

· Comisión de Calidade

Para maior información, pódese consultar o Sistema de Garantía de Calidade da USC

Área de Calidade e Mellora de Procedementos

https://www.usc.gal/es/servizos/calidade/sgic.html

https://www.usc.gal/gl/servizos/calidade/sgic.html

 

Vostede está aquí: Inicio CSHG Normas y Reglamentos