nwcshg

Xunta de Galicia

Enderezos e contactos útiles

Consulta médica ordinaria

  •  Ambulatorio Concepción Areal. Santiago León de Caracas, 12 Imprescindible solicitar cita previa no teléfono: 981 527 000 .
  •  Atención de urxencia Hospital Clínico. Vidán s/n. Entrar polo PAC. Tel: 981 950 000
  •  Teléfono de emergencias médicas: 061

Seguridade

Santiago de Compostela é unha cidade segura, na que é posible pasear de día e de noite con tranquilidade. Sen embargo, ante calquera incidente, pódese acudir aos seguintes servizos. En caso de necesitar axuda co idioma, pode solicitar a asistencia dos informadores nas oficinas turísticas.

  •  Oficina municipal da rúa Trindade. Teléfono: 981 543 027 / 981 542 323. .
  •  Extravío ou roubo de documentación: Policía Nacional Rodrigo de Padrón, 3 Tel: 981 551 100. Urxencias: 091
  •  Outras denuncias por seguridade persoal: Policía Municipal. Pazo de Raxoi s/n. Tel: 981 542 323.
  •  Policía Nacional. Rodrigo de Padrón, 3. Tel: 981 551 100.
  •  Policía Municipal. Pazo de Raxoi s/n. Tel: 981 542 323.
  •  Urxencias: 092 Policía Nacional. Rodrigo de Padrón, 3. Tel: 981 551 100. Urxencias: 091

Teléfonos de emerxencias

  •  Emerxencias xerais 24h: 112 .
  •  Bombeiros: 080
  •  Garda Civil: 062 .
  •  Lumes Forestais: 085 .
  •  Policía Local: 092 .
  •  Policía Nacional: 091 .

Para máis información
Para coñecer máis sobre Santiago e os seus servizos básicos visite a seguinte ligazón.

Sanidade e seguridade

Durante a súa estancia no CSHG,
os alumos acceden a servizos de todo tipo.

seguridadCSHG conta cun servizo de vixilancia privado permanente.

As instalacións do CSHG carecen de barreiras arquitectónicas e están adaptadas para o uso de persoas con discapacidade física.

sanidadeTodo o alumnado do Centro ten unha póliza de accidentes con cobertura internacional as 24 horas. En caso de accidente, o alumno debe avisar ao Centro e será atendido no hospital policlínico La Rosaleda, en Santiago de Compostela. A póliza ten cobertura durante as prácticas en centros sanitarios asociados.

Como chegar

O CSHG está ubicado nas instalacións de A Barcia (xunto a Turismo de Galicia), no Km 3 da estrada Santiago - Noia - Código Postal:15897.
Velaquí as vías de comunicación a través das que se pode chegar ao CSHG


Ver mapa máis grande

avion

O Aeroporto de Lavacolla está a 10 quilómetros do Centro. Desde alí, accédese a Santiago de Compostela a través da N-547 ou a través da autovía. Pode alugar un coche, contratar un taxi ou usar algún dos autobúses que se comunican co centro, A Coruña ou Lugo.

 


taxi

Radio Taxi funcion as 24 horas do día no teléfono 981 569 292. Se necesita un adaptado a persoas con discapacidade, pode chamar a Euro Taxi no teléfono 981 535 154. Ademais ten paradas no aeroporto de Lavacolla (981 591 575), na estación do tren (981 898 488) e na terminal de autobuses (981 582 450). Outras paradas:

  •  na Avenida Figueroa (981 585 973).
  •  en O Castiñeiriño (981 521 300)
  •  en Fontiñas (981 575 959)
  •  na praza de Galicia (981 561 028) as 24 horas.
  •  na praza Roxa (981 595 964) as 24 horas

 

bus

Os autobuses que van (e vñeen) a Negreira, á Gándara e a Bertamiráns teñen parada na marquesiña que está diante das instalacións do CSHG. Os horarios das diferentes liñas son os seguintes:

  •  Santiago – Negreira (Salida Est. Autobuses): cada hora, desde as 6:45h ata as 21:45h .
  •  Negreira – Santiago: cada hora, desde as 7:25h (aprox) ata as 21:25h
  •  A Gándara – Santiago: cada media hora, desde as 7:30h ata as 22:00h
  •  Santiago (A Rosa) – A Gándara: cada media hora, desde as 6:45h ata as 21:45h.

         Saídas todas as horas desde as 6:45h ata as 21:45h

 

tren

Santiago posúe unha estación de tren que a conecta con case todas as cidades galegas e a meseta. Pode atopar información sobre horarios na páxina web de Renfe.

 

Cuando chegue ao Centro, esta é a entrada que verá

Información sobre Santiago de Compostela

O Centro Superior de Hostelería de Galicia atópase en Santiago de Compostela, no lugar da Barcia. As instalacións están a un quilómetro da cidade, nunha contorna tranquila e de amplas zonas verdes. Desde o Centro, os accesos á cidade son bos, pois conta cunha importante rede pública de transportes.

O visitante ten facilidades para chegar a Santiago desde calquera punto xeográfico e a través de calquera medio de transporte. As estacións de tren e autobuses sitúanse na mesma urbe, mentres que o aeroporto está a 14 km de distancia.

Se un quere visitar o centro histórico , atópase cerca, a tres kilómetros de distancia do CSHG, o que supón un traxecto de dez minutos en autobús. Santiago de Compostela é máxica. Desde 1984 é Patrimonio da Humanidade  e posúe numerosos premios e distincións que recoñecen o seu labor de conservación do patrimonio. Conta con aproximadamente 100.000 habitantes e dispón dunha importante universidade con máis de 30.000 estudantes, o que lle dá ese aire de frescura e actividade propia dun importante centro universitario.
santiagoSantiago non só ofrece historia e monumentos. Como capital de Galicia é unha cidade nova e dinámica , cunha nutrida programación cultural durante todo o ano, onde o visitante pode gozar de concertos, representacións teatrais, exposicións e actos culturais diversos en modernas infraestruturas.

É, ademais, un referente relixioso a nivel mundial. A catedral é o destino final da peregrinación do Camiño de Santiago que, ano tras ano, realizan máis de 3,5 millóns de visitantes procedentes de todo o mundo, cifra que se duplica cando coincide en Ano Santo, como é o caso do 2010.
Cidade milenaria, pero á vez moderna, ofrece moitos atractivos. O casco histórico é o centro neurolóxico da cidade. Correspóndese co espazo que desde o século XI en diante foi delimitado cunha muralla, hoxe desaparecida. No casco histórico concéntrase boa parte dos monumentos visitables, un comercio moi activo, numerosos aloxamentos e establecementos gastronómicos , así como institucións, museos, fundaciones e os edificios máis antigos da Universidade de Santiago; pero tamén vivendas, mercados, cafés e bares que fan da zona un espazo vivo e dinámico.
Unha das antigas portas da muralla, Porta Faxeira, é o acceso desde o casco histórico á Alameda. Este parque urbano esténdese entre a zona monumental, o Campus Sur Universitario e o Ensanche, zona nova cara a onde creceu a cidade nos últimos anos.

 

Instalacións e departamentos

O CSHG dispón de 54.000 metros cadrados, unha superficie con zonas verdes, grandes árbores e cinco edificios onde desenvólvese a actividade docente. Hai conexión WI-FI en todo o recinto, ao que os alumnos e o persoal poden acceder de forma gratuíta. A distribución dos edificios é a seguinte

edificio de teoría y administración De tres plantas, é o edificio principal onde teñen lugar as clases teóricas e se xestiona o Centro
  •  14 aulas (equipadas con novas tecnoloxías de última xeración).
  •  2 aulas seminario.
  •  3 aulas de Informática (dotada con 32 equipos cada unha) .
  •  2 laboratorios de idiomas (con 28 postos informatizados) .
  •  Aula cafetería.
  •  Biblioteca con máis de 9.000 volumes.
  •  Despachos de dirección e profesorado.
Os restaurantes son un simulador onde os alumnos de Servizos e Cociña, orientados e supervisados polos profesores, xestionan o buffet e o Restaurante Carta. edificio de aulas prácticas
edificio de aulas técnicas

Alberga as aulas de Cata de viños e Cociña Demostración e o Departamento de Consultoría e Formación.

Neste edificio tamén se atopa o Departamento de Consultoría e Formación

A residencia acolle aos alumnos internos. 
  •  180 plazas.
  •  7 aulas-habitaciones de hotel.
  •  Aula de Recepción (14 plazas conectadas ao programa informático Ópera de Xestión de Recepción).
  •   Lavandería Industrial.
residencia

instalaciones deportivasO Centro conta cunhas instalacións deportivas para que os alumnos/as poidan exercitar non só a súa mente, senón o seu cuerpo.

O Centro, ademais, pon a disposición do alumno/a a un monitor deportivo que lle guiará nas súas sesións.

O pavillón polideportivo conta cunha pista cuberta e un ximnasio totalmente equipado. Ademáis, hai pistas exteriores para a práctica do tenis e do fútbol sala.